O Club Balonmán Porriño da a coñecer a súa campaña de seareiros da tempada 2024/2025.
Esta campaña enfocada a primeira participación europea do noso club ten como protagonistas a Sarai Samartín, capitana do noso equipo e a un xogador de base, que dirixíndose o Templete de San Luís, creado polo arquitecto porriñes Antonio Palacios simbolizan a entrada en Europa do noso club pola porta máis representativa do noso concello, sen esquecerse da importancia dos nosos equipos de base.
Co lema “A porta de Europa” o club busca resaltar o valor da participación na competición europea.
Os seareiros poderán renovar os seus abonos dende a plataforma de Cluber, cuns precios similares os da pasada tempada e sendo seareiro poderanse accceder os encontros que xogue como local o noso equipo de División de Honra, tanto da Liga Guerreiras Iberdrola, Copa da Raiña e EHF European Cup, así como os encontros dos equipos de Primeira Nacional Masculino e División de Honra Prata Femenina.
Dende a nosa directiva apóstase por manter os prezos dos abonos como premio ó incrible ambiente vivido ca nosa afección na pasada tempada dexesando que a nosa masa social siga medrando e podamos seguir disfrutando xuntos dunha nova tempada.