O partido de mañá, 11 de novembro, entre o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño e o KH-7 Bm Granollers estará dedicado á campaña contra a violencia de xénero “NON á violencia de xénero”.
“NON á violencia de xénero” é unha campaña da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Por iso, dende o Club Balonmán Porriño decidimos unirnos un ano máis e apoiar este tipo de iniciativas.
Debido as restricións locais, o encontro xogarase a porta pechada, pero haberá a opción de seguir o partido por streaming a través da canle de Youtube do club (https://www.youtube.com/channel/UCCgIQwzmJySDyrlSwQQigPA)